Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Redondela demanda que se reactiven este verán os eventos culturais ao aire libre

RR_Noticias

Ante a actual situación de desescalada, a edil nacionalista Jéssica García solicita á Concellaría de Cultura que elabore unha programación para este verán con pequenas actividades como concertos, monólogos, proxeccións ou citas literarias nas prazas dos cascos urbanos e nas parroquias “controlando o aforo e respectando as medidas de seguridade”.

Logo do anuncio que facía en abril o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, sobre a suspensión da programacón de verán por mor da pandemia do coronavirus, o BNG local entende que “xa é momento de reactivar a actividade cultural”. A concelleira Jéssica García lembra que este sector sufriu un importante parón de contratacións desde o pasado mes de marzo, e que co remate do confinamento estrito, a actividade cultural “debe restablecerse para este verán”. Propoñen facer “pequenas actividades culturais” como concertos, monólogos, proxeccións ou citas literarias nas prazas dos cascos urbanos do municipio e tamén nas parroquias. Entende García que é “asumible” controlando o aforo “e coas medidas sanitarias oportunas” facer estas actividades ao aire. Sinala a concelleira que esta reactivación das actividades culturais debería facerse “empregando o Rexistro de Artistas Locais” para axudar a reactivar este sector “tan afectado pola crise”, e prestando especial atención aos Convenios Interparroquiais. “Redondela non pode estar ata setembro sen actividade cultural”, remata na súa nota.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará