Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas demanda no Congreso a eliminación da peaxe de Rande

RR_Noticias

O ex alcalde de Redondela, o popular Javier Bas, estreouse onte como orador no Congreso. O deputado por Pontevedra aproveitou a ocasión para lembralle ao goberno compromisos pendentes do Ministerio de Transportes e Mobilidade como a eliminación da peaxe de Rande, a instalación de pantallas para reducir a contaminación acústica e a recuperación dos viais afectados polas obras de ampliación da AP-9.

Javier Bas estreouse onte no Congreso debatendo a Lei do imposto sobre servicios dixitais, a coñecida como “Tasa Google”, pero tamén aproveitou a súa intervención para lembrarlle ao executivo central os compromisos adquiridos con Redondela. O deputado popular por Pontevedra lembroulle ao presidente Pedro Sánchez estas demandas e pediulle que “anime” ao ministro José Luis Ábalos “para que se poña á tarefa” con estes compromisos adquiridos en 2018. Bas Corugeira lembrou que está pendente a eliminación da peaxe entre Rande e Vigo, que cualificou de “inxusta”, a instalación de pantallas anti ruído e a reposicións de viais que resultaron afectados polas obras de ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará