Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresan as feiras de Chapela e Redondela

RR_Noticias

Hoxe, día 2, retomaba a súa actividade o mercado ao aire libre en Chapela, e o sábado día 6 será a quenda da feira de Redondela. Desde o Concello decidiron adiar ata esta semana a súa celebración para garantir “todas as medidas de seguridade sanitaria”. Á separación entre postos engádense os sentidos únicos de circulación para os usuarios.

A feira de Chapela foi a primeira en recupera a actividade logo de quedar suspendida o pasado mes de marzo coa declaración do Estado de Alarma por mor da COVID-19. Recupera así as dúas súas datas habituais de celebración, os días 2 e 16 de cada mes. Os vendedores ambulantes e os veciños voleron esta mañá ao recinto, coñecido “o campito”, con con todas as medidas de seguridade indicadas polas autoridades sanitarias, “tanto na distancia entre os postos coma na circulación de usuarios e usuarias”, explica o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas. A amplitude do espazo no que se desenvolve esta feira de Chapela permite que os postos poidan estar máis distanciados para cumprir coa normativa, tanto lateral como frontalmente. Para evitar concentracións de clientes optouse por facer un único sentido de dirección para camiñar entre os postos “que está debidamente marcado cunha zona de entrada e unha zona de saída”.
Todas estas medidas serán as que se adopten tamén na feira de Redondela o próximo sábado, 6 de xuño, para cumprir un dobre obxectivo: “retomar unha actividade habitual entre a veciñanza e, ao mesmo tempo, garantir a seguridade sanitaria tanto dos usuarios como dos vendedores da feira”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará