Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alberto Suárez: “Queremos que a etapa do Choco na División de Honra Xuvenil non sexa de paso”

RR_Noticias

O Choco aposta pola continuidade no seu equipo xuvenil. Segue como adestrador Alberto Suárez, con Pablo Couñago e Hugo Álvarez como segundos na máxima categoría do fútbol xuvenil. Corpo técnico, xogadores e club afrontan esta nova etapa histórica “con responsabilidade e ilusión”.

O CD Choco presentou oficialmente o corpo técnico para a próxima temporada para o equipo Xuvenil División de Honra. A directiva confía nos adestradores que acadaron o ascenso “para dar continuidade ao bo traballo da pasada tempada”. Alberto Suárez afirma que afronta esta tempada nunha nova categoría “con responsabilidade e ilusión”, pero tamén coa decisión de que esta situación non sexa “de paso”. O seu obxectivo é que o C.D. Choco sexa “competitivo” en todos os campos nunha categoría que, advirte, será “moi esixente”, xa que van competir “coas mellores canteiras de toda España”. En canto á configuración do equipo, hai varios xogadores que por idade teñen que dar o salto á categoría sénior, e están inmersos na confección “do mellor persoal posible para o CD Choco”. Sinala que o equipo xa está “case perfilado” e os futbolistas que incorporan van dar “un salto de calidade”, xunto aos que quedaron e que teñen “un gran nivel”. O seu único obxectivo será “competir en todos os partidos e afrontalos todos eles coa intención de gañar”. A situación é atípica, non só por incorporarse a unha mova categoría, senón tamén polo parón da liga o pasado mes de marzo por mor da crise do coronavirus. Sinala que a pretemporada será “diferente”, coa posta a punt de xogadores que estiveron “moito tempo sen competir”. Agardan comezar os adestramentos en grupo no mes de agosto. Non hai aínda data para o comezo da próxima temporada, malia que as primeiras informacións apuntan a outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará