Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA do colexio Igrexa dona os alimentos do Plan Madruga a Aldeas Infantiles

RR_Noticias

A Asociación decidiu facer esta doazón de leite, galletas e outros produtos propios do almorzo a esta ONG afincada en Redondela. Trátase de alimentos que formaban parte do Plan Madruga e que, ante a incerteza de si haberá ou non volta ao colexio, preferiron doar antes de que chegaran caducar.

O peche dos colexios pillou a toda a comunidade educativa por sorpresa. Pais, nais, alumnado, profesorado e as propias Asociacións de pais e nais que, dun día para outro, tiveron que paralizar practicamente toda a súa actividade ante unha situación sobrevida como a causada polo confinamento. Entre as actividades que xestiona a ANPA do colexio Igrexa atópase o Plan Madruga, que proporciona o servizo de almorzo a nenos e nenas que por cuestións de conciliación chegan ao centro antes da súa apertura. Leite, galletas e outros produtos propios desa primeira comida do día permanecían a espera de que se volvera abrir o colexio. Ante a falta de noticias ao respecto, e antes de que eses alimentos caduquen decidiron facer unha doazón a Aldeas Infantiles, doazón á que se sumou tamén o propio Colexio quen achegou o leite sobrante do programa lácteo do trimestre pasado. Unha Asociación que segue en activo pendente de calquera demanda de pais e nais. Agradecen que dende o Concello se lle estea a dar resposta as familias que carecen de ordenador ou internet “sabemos que esas fotocopias están sendo entregadas” explica a presidenta Emilia Rodríguez. Para evitar ademais esa dependencia das fotocopias tamén xestionaron que os libros de exercicios que quedaran dentro do centro foran entregados ao alumnado.  

Emilia Rodríguez Anpa Igrexa
Unha doazón de alimentos
Fotocopias e libros
As fotocopias está a facelas o concello. Dende a ANPA xestionaron a achega dos libros que quedaran dentro do centro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará