Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nieves Fernández: “Tardaremos anos en volver aos abrazos, eu xa estou mentalizada”

RR_Noticias

Este veciña de Redondela afronta esta situación con optimismo aínda que recoñece que nestas seis semanas que leva pechada na casa ela soa “houbo momentos moi duros”. O máis difícil para ela está a ser “non ver aos meus netos” e recoñece que bota moito de menos as súas amigas. O seu desexo máis inmediato é que “nos deixen saír un pouquiño, aínda que sexa 15 minutos para pasear e poder cruzarse de lonxe con outras persoas”.

Algo tan banal como saudar a outra persoa é un xesto que Nieves bota en falta no seu día a día, por iso confía que dende o goberno se deixe tamén saír aos maiores agora que xa os nenos teñen luz verde para pasear. E cando todo pase ten moi claro que vai facer “ver aos meus netos e as miñas amigas, ver aos que máis quero aínda que sexa sen tocarnos”.  De feito, ten moi asumido que as cousas tardarán anos en volver ser como antes “ogallá me equivoque pero moito me temos que tardaremos anos en volver abrazarnos”. E mentres ese día non chega tenta aferrarse a rutina como xeito de pasar esta complicada situación. Recoñece que houbo momentos duros nestas semanas de confinamento “custoume afacerme a estar todo o día soa na casa e deixar de lado as actividades e o contacto social”. Xa recuperada deses días de baixón explica que son as rutinas o que lle axudan a levar o día a día: levántome, fago as cousas da casa, ximnasia, corto a herba, fago a comida, pasatempos ou ganchillo”. Actividades que lle permiten pasar o tempo entretida. Medo a enfermidade asegura non ter “hai que ser positivos porque a maior parte dos contaxiados saen adiante” pero si tiña medo a contaxiarse e ter que pasar a enfermidade sen estar rodeada da familia.  

Nieves Fernández veciña de Redondela
Pide ao goberno que se lles permita aos maiores saír a pasear
Volver abrazar
Teme que sexa cuestión de anos
Rutinas para levar o día a día
Un xeito de non se aburrir
Optimista malia os días duros
As semanas pesan e aínda que o pasou mal agora xa está máis animada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará