Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Ferreira: “Sorprendeume que non houbera ningún control sanitario nos aeroportos”

RR_Noticias

A expansión do coronarivus sorprendeu a moitas persoas a miles de quilómetros de distancia. A máis de dez mil atopábase este veciño de Redondela e xerente da empresa Maramar, Marcos Ferreira, quen dende hai semanas permanecía en Chile. Ante o temor de que a situación se agravase decidiu adiantar a súa volta. Explica que malia que xa viña avisado sobre as medidas de confinamento “non deixa de sorprender atoparse unha Redondela con rúas practicamente baleiras”.

Cambiar a data de regreso non foi un problema para este redondelán que dende había semanas e por motivos laborais viaxara a Chile. Explica que dentro do avión, sobre todo no voo internacional Santiago de Chile-Madrid, mantíñase a distancia de seguridade ao non ir ocupados todos os asentos. Sorprendeulle, iso si, que non se aplicaran controis sanitarios nos aeroportos “nin na saída nin na chegada nos tomaron a temperatura ou nos preguntaron en que lugares estiveramos”. Certo é que Chile, nestes momentos, atópase na situación que España vivía hai aproximadamente un mes, “poucos casos e con medidas de illamento e peches de negocios que comezan a aplicarse aínda agora”. Ferreira era consciente da situación que se vivía en España “falaba a diario coa familia e estaba tranquilo porque sabía que todos estaban ben”. Malia vir avisado cando onte mesmo pisaba Redondela novamente non deixaba de sorprenderse ao atoparse as rúas baleiras e aos veciños respectando as medidas de confinamento. Obviamente preocúpanlle as consecuencias sanitarias pero tamén as económicas. Con todo o seu negocio, centrado na compra e venda de peixe, podería sufrir en menor medida esta crise “traballamos a nivel internacional, tivemos que paralizar os negocios con China cando o país era o máis afectado polo coronavirus, agora parece que ese mercado comeza a funcionar e teremos que centrarnos na zona asiática mentres non se recupera o mercado nacional e americano”.  

Marcos Ferreira Maramar
Desprazado en Chile en medio da pandemia
Regreso e aeroportos
Poucas medidas de seguiridade nos aeroportos
Crise sanitaria e económica
Un dobre efecto que lle preocupa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará