Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido un varón tras recibir un disparo dun policía cando intentaba agredir ao seu compañeiro

RR_Noticias

O home, de 47 anos de idade e veciño da zona da Telleira en Cesantes foi trasladado en ambulancia medicalizada ao hospital Alvaro Cunqueiro, logo de recibir o impacto dunha bala nunha perna. O disparo produciuse logo de que o ferido, con problemas psiquiátricos, tentara agredir cun cóitelo a un dos axentes. A mobilización do helicóptero do 112, que finalmente non foi necesario, así como da Policía Local e Nacional provocou a alarma entre a veciñanza.

Os feitos producíanse na tarde de hoxe cando os axentes da Policía Nacional se dirixiron ao domicilio do ferido, na zona da Telleira en Cesantes, alertados polos veciños porque estaba tirando os mobles pola fiestra. Unha vez no lugar tentaron tranquilízalo e convencelo para que saíra da vivenda. Segundo fontes municipais, en canto os axentes se deron a volta avalanzouse sobre un deles cun coitelo na man.  O seu compañeiro tentou reducilo disparándolle na perna. A  bala tería impactado na perna, nunha zona próxima á ingua causando feridas de consideración aínda que non se temía pola súa vida.
Nun primeiro momento mobilizouse un helicóptero que aterrou no Campo do Choco aínda que finalmente, optouse por trasladar ao ferido nunha ambulancia medicalizada, sendo ingresado no hospital Alvaro Cunqueiro.
Non foi este o único suceso das últimas horas. Tamén foi necesaria a intervención dos axentes da Policía Local logo de seren alertados de que outro varón, neste caso na parroquia de Quintela e tamén con problemas psiquiátricos, estaba tentando queimar uns mobles no interior da súa vivenda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará