Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mariscadoras de Redondela e Arcade piden suspender temporalmente a súa actividade

RR_Noticias

As agrupacións de mariscadoras da Confradía de Pescadores San Juan de Redondela e Virxe do Carme de Arcade, veñen de dirixir un escrito á conselleira do Mar, Rosa Quintana, para pedirlle a suspensión da súa actividade mentras dure a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Estas asociacións, que reúnen a unhas 200 traballadoras, explican que non poden seguir as medidas de prevención propostas polas autoridades. Poñen como exemplo os traslados aos bancos marisqueiros, en turnos dunhas 30 traballadoras por viaxe “nas que non se gardaría a distancia de seguridade recomendada”. Engaden que hai antecedentes científicos que informan de graves casos de contaxios e propagación da enfermidade, que poden repercutir no só nas propias profesionais do sector e nos traballadores das confradías, senón tamén nas persoas coas que conviven”. Por iso as mariscadoras consideran que hai razóns “máis que suficientes” para desaconsellar a actividade extractiva do marisco, que ademais “non ten carácter de esencial ni de primeira necesidade”. En paralelo, a expansión do coronavirus provoca “un dano case irreversible” no sector dende o punto de vista económico, xa que os operarios que manteñen a súa actividade “atópanse coa falta de demanda nas lonxas” e os produtos “teñen que ser devoltos ao mar ou, no mellor dos casos, malvendelos por falta de compradores”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará