Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela activa un servizo de axuda para os colectivos de especial vulnerabilidade

RR_Noticias

Os alumnos beneficiarios das axudas de comedor escolar recibirán alimentos a través dun sistema de reparto establecido polo Concello. No caso de persoas maiores que vivan soas, ou colectivos de risco, poden contactar co Departamento dos Servizos Sociais no teléfono 986 402 608.

O Equipo de Goberno do Concello de Redondela segue adoptando medidas non só para evitar a propagación do coronavirus, senón tamén para axudar aos colectivos máis vulnerables como persoas maiores que vivan soas ou aqueles en situación de risco que ven agravada a súa situación polo confinamento nas súas vivendas. Así, o Concello habilitará un sistema de reparto de alimentos co fin de garantir a cobertura das necesidades básicas das familias con menores beneficiarios das axudas de comedor escolar, xa que co gallo da suspensión da actividade lectiva, carecen dende o pasado venres deste servizo. Dende o Departamento dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos estableceranse axudas en concepto de alimentación, tanto para evitar posibles situacións de risco coma para garantir a nutrición e dieta axeitadas dos menores. Do mesmo xeito, e para os casos nos que sexa necesaria algunha axuda ou apoio, ben por ser maiores que viven sós ou por pertencer a un colectivo de risco, habilítase o teléfono do Departamento de Servizos Sociais, 986 402 608.
Mercados de abastos
O Concello de Redondela tamén adiantou a adopción de medidas de control sobre os mercados de abastos de Redondela e Chapela de cara a permitir “unicamente o número de persoas que sea acorde coas dimensións do establecemento e que permitan manter a distancia mínima de seguridade” unha distancia que “nunca inferior a un metro”. Na mesma liña de actuación, controlarase que consumidores como traballadores e traballadoras manteñan a distancia de seguridade. En todo caso, os e as axentes da autoridade poderán realizar as comprobacións que consideren oportunas encamiñadas ao cumprimento estrito das normas.
Servizo de taxi
Os taxis tamén deberán velar polo cumprimento das normas preventivas establecidas para o que “deberán levar carteis informativos no interior dos vehículos coas recomendacións sanitarias de hixiene” e do mesmo xeito, sinala o Goberno local “desaconsellando viaxar agás por razóns inaprazables”. Recomenda o equipo de Goberno adoitar “medidas de hixiene extraordinarias” para garantir tanto a saúde de taxistas coma dos clientes. Entre as medidas están a ventilación frecuente, desinfección das zonas de uso intensivo e a limpeza de mans por parte dos taxistas para evitar contaxios.
Vodas
Finalmente, o número de participantes nas vodas civís quedarán reducidos aos contraentes e dúas testemuñas, co fin de garantir aos asistentes a posibilidade de respectar entre eles a distancia de seguridade dun metro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará