Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Soutomaior pecha as instalacións municipais e suspende actividades

RR_Noticias

Debido á emerxencia sanitaria causada polo coronavirus, a atención ao público nas dependencias municipais será con cita previa para atender trámites urxentes. Quedan pechados ao público o Centro Multiusos, o CIM, a OMIX, a biblioteca e o pavillón de deportes. Agustín Reguera e Manuel Lourenzo, en representación da Corporación Municipal, fan un chamamento á veciñanza para que se protexa ante a alerta sanitaria e fique na casa.

Nas oficinas Concello atenderán tramitacións urxentes mediante cita previa a través do teléfono 986705106. Tamén atenderán as peticións e solicitudes tramitadas a través da Sede Electrónica do Concello https://soutomaior.sedelectronica.es, ou mediante correo electrónico no enderezo oficinas@soutomaior.com. Quedan pechadas ao público diferentes instalacións municipais, onde só atenderán telefonicamente ou electrónicamente. No Centro Información á Muller (CIM) no teléfono 986 701227 (cim@soutomaior.es); Na Oficina Iinformación Xuvenil (OMIX) no número 986700822 (omix@soutomaior.com). O Mestre compostero atende no móbil 660 82 11 31 (compostaxe@soutomaior.com); para dirixirse á Biblioteca poden facelo no teléfono 986700291 (biblioteca@soutomaior.com), e o Pavillón de Deportes no número 986 700964 (pavillón@soutomaior.com). Desde o Concello informan que se suspenden todas as actividades, cursos, etc. programadas desde as distintas concellarías. Tamén queda cancelada a Feira de Arcade a partir do día 26. Procédese ao peche do Centro Social de Maiores de Talo Río e dos Campos de Fútbol Municipais até novo aviso. Piden “seguir as recomendacións das autoridades sanitarias”, e ante calquera dúbida razoable chamar ao teléfono de información para a cidadanía: 900 400 116
Chamamento á veciñanza
Agustín Reguera Ocampo e Manuel Lourenzo Sobral, en representación da Corporación Municipal de Soutomaior, fan un chamamento á veciñanza para protexerse ante a alerta sanitaria do coronavirus. Ante a gravidade da situación que estamos a vivir, e unidos polo interese xeral e a saúde do pobo de Soutomaior, instamos á nosa veciñanza a que permaneza nas súas casas e evite os contactos socias. Lembran que o coronavirus ten unha capacidade de contaxio altísima “e só co esforzo de todas e todos poderemos superalo”. Advirten que estamos “ante unha situación gravísima que require do compromiso de toda a veciñanza”. Insisten que o illamento social “é a única forma de vencer ao coronavirus e de fomentar a saúde da veciñanza de Soutomaior”. Piden á cidadanía “que atenda as recomendacións dos organimos sanitarios e que sexa consciente da gravidade da situación que estamos a vivir”. Amósanse convencidos de que Soutomaior “é un pobo unido pola saúde da veciñanza”, e que entre todos “superarase esta situación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará