Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola de Música de Chapela impartirá clases a través da súa páxina web

RR_Noticias

O centro de ensino musical, ante a imposibilidade de impartir clases presenciais, pon en marcha diferentes aplicacións informáticas que permitirán ao seu profesorado realizar un seguimento dos traballos que os alumnos fagan nos seus domicilios. Os alumnos tamén poderán consultar dúbidas mediante os sistemas habilitados para poñerse en contacto directo co profesorado.

Ao mesmo tempo o departamento informático do centro estuda diferentes aplicacións para poder impartir clases a través da súa páxina web, unha aplicación que entrará en funcionamento en próximos días. Desde o centro explican que “dependendo do resultado da súa funcionalidade poderá poñerse en marcha de forma definitiva nun futuro”. Esta ferramenta podería servir para resolver o problema de falta de espazo existente nestes momentos nas instalacións da Escola de Música na avda. de Redondela, o que impide ampliar a oferta de ensino musical. A nova aplicación tería como finalidade ofrecer formación telemática aos alumnos que, ben por falta de espazo nas instalacións non poden matricularse para clases presenciais, ou aqueles que por outro motivo non poden acudir fisicamente ao centro.
Actividades Asociación Cultural de Chapela
A Asociación Cultural de Chapela, que que xestiona a Escola de Música, porá medios similares, na medida en que cada actividade das que ofrecen no Multiusos de Chapela o permita. O colectivo conta con máis de 500 alumnos repartidos entre a Escola de Música e as diferentes actividades impartidas no centro do Piñeiral do Crego. A todos eles lles recomemdar quedar na casa, “pero sen renunciar ás actividades que imparte a asociación”. Sinalan que, pola situación de alarma na que nos atopamos terá que ser dunha forma diferente, “pero non por iso menos atractiva”. Todas as medidas postas en marcha pola Asociación Cultural de Chapela, estarán ao dispor dos seus alumnos durante o tempo que dure o peche das instalacións decretadas polas autoridades como medida preventiva ante o avance do coronavirus.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará