Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

#quedanacasaele, a campaña das bibliotecas que chama á responsabilidade fronte o coronavirus

RR_Noticias

As Bibliotecas Municipais de Redondela lanzan a campaña #quedanacasaele /#quedateencasaylee, promovendo o esforzo de quedar no fogar e, xa de paso, fomentar a lectura. A iniciativa súmase así a campaña de concienciación cidadá realizada polos sanitarios da Comunidade de Madrid: #quedateencasa, que busca frear os contaxios e axudar a non expandir o COVID-19.

Explican dende as bibliotecas que nestes días de alerta sanitaria o máis importante que podemos facer por cada un de nós  e polas persoas que nos rodean é quedar nos nosos domicilios. Co obxecto de tentar facer desta crise unha oportunidade, animan á cidadanía a achegarse a lectura e ler aqueles libros que temos pendentes.
Para visiblizar a campaña animan aos veciños a compartir nas súas redes sociais, co cancelo #quedanacasaele/#quedateencasaylee, unha imaxe do seu recuncho de lectura para estes días.
“Fagamos viral un chamamento  para que a cidadanía quede na casa e fomentemos a lectura! Sairemos desta, e farémolo reforzados e máis cultivados e sabios” é a optimista mensaxe das bibliotecas nestes días extraordinarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará