Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres do mar reivindican en Europa os seus dereitos

RR_Noticias

Son consciente de que “aínda hai moito machismo nas confrarías” algo que as anima aínda máis a seguir loitando pola igualdade nun sector no que as mulleres están moi invisiblizadas. Así o explican a presidenta de Amarturmar, Nuria Novelle e a vicepatroa da confraría, Ana Belén Sotelino quen logo de participar nunhas xornadas de pesca promovidas pola eurodiputada do BNG, Ana Miranda, tamén salientan que “as galegas, contra o que poderíamos pensar, somos un referente en Europa”.

A súa voz non se puido escoitar na tarde de onte no acto que estaba previsto na Casa da Cultura e que, como tantos outros, foi finalmente suspendido dentro das medidas de contención do coronavirus. Un acto que se pospón ata nova data e no que se falará das mulleres do mar e do encontro que representantes de diferentes oficios mantiveron en Bruxelas no parlamento Europeo. Unha xuntanza na que as mulleres compartiron experiencias con outros países como Irlanda, Croacia, Italia ou Portugal, e achegáronse as problemáticas que afectan a redeiras, percebeiras, recolledoras de algas, mariscadoras… mulleres todas elas que desenvolven oficios vencellados co mar. Trasladaron ao organismo europeo a necesidade de visiblizar o seu traballo dentro do sector xa que hai casos como as mulleres recolledoras de algas que están no sector agrícola e non no pesqueiro. Unha cuestión que non é anecdótica, explica Novelle, xa que é preciso que todas esteamos baixo o mesmo paraugas “mulleres da pesca”, para poder ter así peso nas mesas de negociacións. Un peso que lles serviría para avanzar en dereitos que a día de hoxe están descompensados cos seus compañeiros homes. Un encontro moi positivo que lles serviu para poñer en valor e divulgar o seu traballo así como para decatarse de que “as galegas somos un referente en Europa en canto a organización” malia que “aínda hai moito machismo nas confrarías”.  

Nuria Novelle Amarturmar
Un referente en Europa
Ana Belén Sotelino vicepatroa
Asegura que nas confrarías hai moito machismo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará