Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres do mar toman a palabra

RR_Noticias

O BNG de Redondela organiza un acto público sobre o traballo das mulleres no mundo do mar no que participarán representantes do sector como a presidenta de Amarturmar, Nuria Novelle, a vicepatroa da confraría de Redondela, Ana Belén Sotelino e a presidenta da agrupación de mariscadoras, Esmeralda otero. O acto terá lugar o xoves ás 20:00 horas na Casa da Cultura e contará tamén coa intervención da deputada no parlamento galego e voceira de pesca, Montse Prado.

Unha mesa redonda na que falarán en primeira persoa da problemática do traballo das mulleres na pesca así como da recente visita ao parlamento europeo, a onde se trasladaron para formar parte da delegación galega que participou na xuntanza da rede europea de mulleres da pesca (AKTEA). A delegación galega trasladou ao parlamento europeo a situación da pesca e o marisqueo en Galicia dende unha perspectiva de xénero, afondando e buscando solucións para o trato desigual entre homes e mulleres en diferentes actividades do sector, dende o emprego ás condicións de traballo, pasando polo salario ou as cotas na pesca. Destes temas falarase nesta charla-coloquio que estará presentada pola concelleira do BNG, Jessica Garcia.  

Nuria Novelle presidenta Amarturmar
Explicarán o que deu de si o encontro mantido en Bruxelas con outras mulleres do mar
Ana Belén Soteliño vicepatroa confraría Redondela
Principais reivindicacións das traballadoras do mar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará