Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Internacional de Títeres amplía a súa duración a nove días

RR_Noticias

O Festival que organiza a Asociación Xente Titiriteira contará nesta edición cun intenso programa que irá do sábado 16 ao domingo 24 de maio. Nove días nos que se volverá gozar en Redondela con compañías procedentes de diferentes puntos do planeta, obras de monicreques, espectáculos de rúa e unha potente programación que fará as delicias de grandes e cativos. O pleno do Concello aprobou conceder unha subvención ao festival de 56.000 euros, mantendo así a achega do ano pasado.

Á espera de que a organización dea a coñecer o programa polo miúdo, sabemos que unha das novidades desta edición é que o Festival amplía a súa duración, pasando dos sete días de anos anteriores a nove días. Isto traducirase nun número maior de espectáculos tanto de rúa como de sala. Con todo, o Concello mantén a achega do ano pasado, 56.000 euros. Así o explicaba no último pleno municipal o edil de cultura, Daniel Boullosa, quen apuntaba tamén que “se mellorará a colaboración do Concello coa organización do festival, porque o seu director fíxonos chegar diferentes queixas neste sentido, especialmente pola falta de apoio recibido en edicións anteriores por parte de departamentos como Interior, Medio Ambiente ou Vías e obras”.  

Daniel Boullosa edil de Cultura
Explica o concelleiroa que a axuda ascenderá a 56.000 euros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará