Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade a ritmo de batucada

RR_Noticias

Mozas e mozos do IES Illa San Simón participaron na mañá de hoxe nun acto enmarcado na programación do 8M do Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra. A cargo do colectivo feminista “Somdolilá”, e logo de que o alumnado deste centro educativo asistira a un obradoiro previo, a batucada tomou a praza do Concello como berro sonoro contra a violencia machista e a favor da igualdade.

Un acto que arrancaba as 12:30 horas con presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa, Digna Rivas ademais de concelleiros tanto do goberno como da oposición. A primeira en intervir foi a comisaria do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” no marco do cal se desenvolve esta proposta “Conversas de bo trato sen palabras” a cargo do colectivo Somdolilá. Paula Cabaleiro salientaba a boa colaboración dos centros educativos e particularmente do IES Illa San Simón á hora de sumarse a esta iniciativa. Carmela Silva facía fincapé tamén na necesidade de traballar cos máis pequenos así como na obriga das institucións de poñer en marcha iniciativas que sirvan para poñer fin a violencia machista. Incidía Silva que ademais da fenda salarial ou o teito de cristal “a lacra máis cruel que padecen as mulleres é a violencia machista con 14 mulleres asasinadas no que vai de ano”. A alcaldesa lembraba unha vez máis a necesidade de que a igualdade sexa un concepto transversal, que estea presente en todas as accións que desenvolva o goberno. Lembraba que este ano a programación do 8M prolongarase máis aló deste mes de Marzo co programa “Petiscos en Igualdade”, que sacará á rúa os proxectos artísticos de diferentes mulleres redondelás que actuarán os sábados ás 12:30 na praza da Constitución.  

Puala Cabaleiro Comisaria do programa
Fala da involucración dos centros educativos
Carmela Silva Presidenta da Deputación
Loitar contra a violencia machista dende as Institución
Digna Rivas alcaldesa
Unhai gualdade transversal presente en todas as accións municipais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará