Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle os actos do Día de Rosalía e o Enterro do Berete

RR_Noticias

Unha semana despois do previsto e logo de que todas estas actividades foron adiadas pola chuvias, tanto hoxe venres como mañá sábado, a parroquia de Chapela acolle diferentes actividades de carácter cultural e festivo. Esta tarde a Alameda Rosalía de Castro acolle os actos organizados por Normalización Lingüística co gallo do Día de Rosalía. Mañá sábado tamén nesta parroquia desenvolverase o programa da queima do berete.

As actividades previstas co gallo do Día de Rosalía arrancarán ás cinco da tarde de hoxe cun obradoiro infantil orientado a nenos e nenas de 6 a 10 anos. A partir das seis da tarde actuarán o grupo Anaquiños, Xardín Desordenado, celebrarase un recitado de poemas e pechará a xornada unha ofrenda floral e a interpretación do himno galego.
O sábado a cita será co Entroido. A programación inclúe o desfile de comparsas, cunha comitiva que partirá ás 18:30h dende o Alto da Encarnación. Haberá animación a cargo do grupo Aperta Percusión. Xa na Praia de Arealonga terá lugar a queima do Berete co espectáculo “VATRA” a cargo da compañía Pablo Méndez Performances. Pechará a xornada o concerto de The Cherry´s Band no paseo marítimo de Chapela
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará