Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello da luz verde a casa de apostas de Redondela

RR_Noticias

A empresa promotora, Unión de Operadores Reunidos, conta xa con licencia municipal para abrir este negocio no local da rúa Ernestina Otero. De feito, dende hai un par de días os operarios volveron xa ao traballo para acondiconar este baixo e convertelo nun local de apostas con capacidade para máis dun cento de persoas. As alegacións presentadas por veciños e colectivos foron rexeitadas tal e como se recolle no informe emitido pola alcaldía.

A Unión de Operadores Reunidos poderá abrir finalmente a casa de apostas no centro da vila, unha vez que con data 3 de Marzo a alcaldía concedeu a licencia correspondente. Unha licencia de actividade que se suma á autorización xa concedida pola Xunta de Galicia en Abril do pasado ano.
De acordo coa licencia concedida o local contará con capacidade para 109 persoas e con 18 máquinas recreativas, así como varias ruletas ou máquinas multiposto. En canto ao horario de apertura, poderá abrir ata as 2:00 horas tal e como establece a normativa que regula este tipo de negocios, podendo ampliar o seu horario unha hora máis as vésperas de festivo e os propios festivos, así como as noites do xoves, venres, sábado e domingo.
A licenza municipal chega logo de que o Concello rexeitase as alegacións presentadas. Centos de escritos nos que se solicitaba a denegación da licencia de apertura e actividade, así como a revogación da autorización concedida pola Xunta en abril de 2019 en base a catro argumentos principais. Un dos aspectos máis reiterados, e no que maior fincapé facía a Coordinadora contra a Casa de Apostas, era o referente á distancia mínima a centros oficiais de ensinanza regrada esixida na normativa, alegando que o local da rúa Ernestina Otero atópase a menos de 150 metros do Conservatorio. Con todo, o escrito municipal afirma que esa distancia sí se cumpre tal e como así se recolle no informe elaborado polos inspectores de xogo da dirección xeral de Emerxencias e Interior.
Rexeitanse tamén os outros tres argumentos esgrimidos nas alegacións que amosaban a súa oposición a este negocio por razóns de saúde pública, polo horario de apertura do local e por atoparse este en zona de dominio público marítimo terrestre.
En canto a cuestión dos ruidos establece o informe que antes do inicio da actividade a empresa terá que presentar un estudo acústico emitido por unha entidade acreditada que avale que cumpre a normativa.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará