Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O alumnado do IES Illa de San Simón clasifícase para a final do Club de debate

RR_Noticias

O instituto redondelá estará presente na final que se celebra en Santiago de Compostela o sábado 16 de maio e no que o alumnado participante deberá amosar os seus argumentos a favor ou en contra do tema “O futuro do galego está en nós”. O equipo de San Simón logrou a súa clasificación o pasado venres, tras amosar as súas habilidades ante outros sete centros nun debate que xirou en torno ao tema “salvemos o planeta”.

Os centros que participaron nesta fase da zona de Pontevedra foron os centros IES Luís Seoane, IES Valle Inclán, IES Sánchez Cantón, Escintileo do Cantón e Estoxo Azul do Lérez, 2 equipos de Redondela, IES Mendiño e IES Illa de San Simón e 1 equipo de Rianxo, IES Félix Muriel,
O xurado, formado por 5 profesionais da lingua e da comunicación, declaraou como gañadores, e polo tanto clasificados para a final, a o equipo do IES Félix Muriel de Riaxo e como segundo clasificado ao IES Illa de San Simón de Redondela.
A fase final terá lugar o sábado 16 de maio en Santiago de Compostela onde debaterán a favor e en contra do tema “O futuro do galego está en nós”. O equipo con máis puntuación terá como premio unha viaxe multiaventura de fin de semana.
Este venres, 28 de febreiro, A Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a Concelleira de Ensino, Olga González, quixeron apoiar ao alumnado do IES San Simón e Mendiño, asistindo a fase eliminatoria que se desenvolveu no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Segundo expresaba a Alcaldesa, o Club de Debate é unha actividade das concellarías de Normalización Lingüística para desenvolver as destrezas orais da lingua galega en distintos contextos, fomentar o debate e consolidar foros de discusión sobre temas de actualidade e de interese social, actividades que este Goberno está encantado de apoiar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará