Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A reforma da Avenida Mediño custará 1,6 millóns e conta cun prazo de execución de 12 meses

RR_Noticias

A actuación aprobada pol Xunta recolle as obras de mellora e humanización do treito de un quilómetro da estrada autonómica PO-363 ao seu paso polo centro do municipio,dende o cruce coa estrada nacional ata o peirao de Cesantes. A Axencia Galega de Infraestruturas formalizou a aprobación do proxecto construtivo, que supón un investimento de 1,6 millóns de euros e ten un prazo de execución de 12 meses. Unha confirmación que chega logo de que o goberno local criticase que a obra prometida por Ethel Vázquez en febreiro de 2019 seguía sen proxecto redactado.

A Xunta de Galicia concluíu a redacción do proxecto da reforma e mellora da seguridade viaria da Avenida de Mendiño no concello de Redondela. A actuación recolle as actuacións necesarias para mellorar a seguridade viaria e humanizar o treito da estrada autonómica PO-363 ao seu paso polo centro deste municipio e supón un investimento de 1,6 millóns de euros e ten un prazo de execución de 12 meses.
No primeiro treito, ata o centro de saúde, ampliaranse as beirarrúas e sobreelevaranse os pasos de peóns, inclúese a renovación de servizos municipais de saneamento, abastecemento e iluminación, o que supón un custo duns 600.000 euros. Neste tramo tamén se reordenarán os cruces e se habilitarán os cambios de sentido necesarios no centro de saúde e centros educativos. No intervalo ata o peirao estenderase unha nova capa de rodadura, melloraranse as interseccións e colocarase nova sinalización horizontal
Trátase dunha actuación de seguridade viaria e renovación urbana que optimizará a circulación por esta vila e o acceso a múltiples servizos públicos que se atopan na contorna.
Aseguran dende a Axencia Galega de Infraestruturas que a aprobación do proxecto construtivo data do pasado mes de novembro, malia que no concello carecían desta información. De feito, a semana pasada o goberno local criticaba que a única información por parte do goberno galego en torno a esta obra “foi extraoficial e para asegurarnos que o proxecto estaba en proceso”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará