Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian o roubo da faixa que lembraba aos deportados galegos nos campos nazis

RR_Noticias

O colectivo Republicano de Redondela denuncia que este domingo roubaron da entrada do edificio do Multiúsos da Xunqueira a faixa na que se recollían os nomes dos deportados galegos aos campos de concentración nazis. Unha banda na que se podía ler os nomes dos 193 galegos que foron deportados en Mauthausen, entre eles os catro naturais de Redondela.

Un acto vandálico que os membros do Colectivo entenden que non é autoría da rapazada senón que responde a unha cuestión política e que supón un ataque máis “de carácter fascista” contra os que queren homenaxear e lembrar aos que loitaron pola liberdade.
A faixa levaba xa semanas na entrada do Multiúsos, lugar no que se colocara co gallo da celebración do 27 de xaneiro Día Mundial das vítimas do Holocausto.
Descoñécese o autor ou autores do roubo aínda que se sabe que foi na xornada de onte, domingo. O Colectivo Republicano xa presentou denuncia en dependencias policiais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará