Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos solicita a súa adhesión ao programa “Xantar na casa”

RR_Noticias

Xantar na casa está pensado como un programa de atención a colectivos de persoas maiores, en situación de dependencia e en risco de exclusión social. O seu obxectivo é garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada aos usuarios para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra de alimentos e a confección de menús. A Xunta asume o 50% do gasto, mentres que o 50% restante repártese entre o concello e o usuario. O prezo non superará os dous euros por persoa e día.

O Concello de Pazos de Borbén sumarase ao programa “Xantar na Casa” impulsado pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou o consistorio para informar os termos do convenio de colaboración entre o consistorio e a Xunta de Galicia para pór en marcha o programa.
O alcalde de Pazos de Borbén,Andrés Igrexas, indicou que se trata dun servizo mo inecesario nun concello cunha poboación de idade avanzada.
O prezo dos menús, nos que haberá variedade para pacientes con hipercolesterolemia, tensión alta, diabetes e outras doenzas, non superará os dous euros por persoa e día. O menú estará composto por un primeiro e un segundo prato e unha sobremesa.
Poderán solicitar a súa inclusión neste novo servizo as persoas dependentes que carezan de apoio familiar e requiran axuda para a preparación das súas comidas, os maiores de 60 anos que teño limitada a súa autonomía persoal e carezan dunha rede de apoio que supla esta situación e as persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social acreditada polos Servizos Sociais do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará