Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP alerta do incremento no número de roubos en Redondela

RR_Noticias

Os populares amosan a súa preocupación pola vaga de roubos que se ten detectado en Redondela nos últimos meses. Neste sentido explican que “dende o pasado mes de xuño, constataron mais dunha ducia de roubos en distintos establecementos de hostelería, domicilios particulares, centros de traballo e vehículos”. Ante esta situación consideran “imprescindible recuperar a presenza Policial no municipio, e esixen ao goberno a recuperación da Comisaría local de Distrito”.

A voceira popular, Carmen Amoedo, sinalou que “xa non podemos falar de casos puntuais de delincuencia, que resultan desgraciadamente inevitables en calquera concello. Atopámonos ante unha vaga de delitos que se esta a notar dende a desaparición da Comisaría da Policía Nacional”. Para os populares “é evidente que a reorganización policial no noso concello está a ter consecuencias moi negativas”.
Engade Amoedo que a veciñanza está a trasladarlles a súa preocupación ante o incremento da delincuencia en xeral “aumentou a sensación de inseguridade debido ao aumento de trapicheo de drogas nalgúns puntos moi concretos da Vila, sen que se observen actuacións claras encamiñadas a erradicar unha delincuencia especialmente prexudicial para a mocidade”.
Os populares esixen a Digna Rivas “que abandone a súa postura de submisión ante o seu partido, e se poña ao fronte da reivindicación dunha comisaría de distrito, unha petición que apoiou cando estaba na oposición cando se levou unha moción conxunta de todos os grupos que conforman o Pleno e da que renegou unha vez que chegou ao Goberno”.
Neste sentido reclaman ao goberno local que exerza unha maior presión á Subdelegada do Goberno, Maica Larriba para recuperar os servizos policiais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará