Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos aires na Confraría de Redondela

RR_Noticias

A nova agruación que dirixe o pósito redondelán ten por diante un difícil reto: sacar adiante unha confraría que nos últimos anos viu reducido notablemente o número de socios e os ingresos. Mariscadoras e mariñeiros son “optimistas” ante o cambio, confían en que as cousas “vaian a mellor” pero advirten que será necesario “dárlles unha marxe de tempo” para revertir a situación.

A Xunta Xeral da confraría San Juan de Cesantes elexiu este mes a Xoel López como novo Patrón Maior. O xoven mariñeiro substitúe no cargo a Clemente Bastos, quen presentara a súa dimisión despois de dez anos ao fronte do pósito redondelán. Ramón Barciela forma parte do seu equipo na agrupación, e confía “en mellorar a situación dos mariñeiros e mariscadoras”. A prioridade no pósito é mellorar a situación das mariscadoras da confraría, que actualmente rexistran uns ingresos moi baixos. “Rexenerar novas zonas para o marisqueo e mercar cría de ameixa para sementar” son os obxectivos. As propias mariscadoras advirten destes problemas, que xunto á escaseza de especies como o berberecho lastran os seus ingresos. Mari, unha das 122 mulleres que se dedican ao marisqueo na confraría é “optimista”. Amósase “ilusionada” co novo equipo que tomou agora as rendas da confraría. Apunta que é xente nova “con gañas de traballar”, malia que advirte que precisarán “axuda económica” para sacar adiante a sitiuación. Tamén mariñeiros como Carlos confían en que as cousas melloren, e entende que hai que darlle “unha oportunidade” á nova agrupación. Comprométese a traballar “polo ben de todos”, pero pide tamén “apoio e comprensión” por parte dos socios para afrontar esta “difícil” situación, como apunta Nuria Novelle, unha das mariscadoras que forma parte da nova directiva. A agrupación amósase “ilusionada” e teñen moita confianza na capacidade do novo Patrón Maior. Con todo, Esmeralda Otero, presidenta das mariscadoras, advirte que vai ser “difícil” e que necesitarán “tempo”. Fan tamén un chamamento para que todos os socios “acheguen as súas ideas e participen”. Relevo xeracional Mariñeiros como Rubén atribúen tamén os problemas económicos da confraría “á falta de relevo xeracional”, logo de que moitos barcos se deran de baixa no pósito pola xubilación dos seus patróns. Advirte que a xente nova en Redondela “non quere traballar no mar”.

Ramón Barciela da nova xunta xestora
A prioridade no pósito é mellorar a situación das mariscadoras da confraría que actualmente rexistran uns ingresos moi baixos.
Mari mariscadora
Amósase "ilusionada" co novo equipo que tomou agora as rendas da confraría. Apunta que é xente nova "con gañas de traballar".
Carlos mariñeiro
Carlos confían en que as cousas melloren e entende que hai que darlle "unha oportunidade" á nova agrupación.
Nuria Novelle da directiva
Comprométese a traballar "polo ben de todos" pero pide tamén "apoio e comprensión" por parte dos socios.
Esmeralda Otero presidenta das mariscadoras
Amósase "ilusionada" pero advirte que vai ser "difícil" e que necesitarán "tempo".
Relevo xeracional
Rubén atribúen tamén os problemas da confraría "á falta de relevo xeracional". Advirte que a xente nova en Redondela "non quere traballar no mar".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará