Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de Escritura Expresiva nas Bibliotecas de Redondela con Marisé Barreiro

RR_Noticias

As bibliotecas de Redondela teñen aberto o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de escritura expresiva que se vai desenvolver a partir do 11 de maio en horario de mañá en Redondela (de 11:00 a 13:00 horas) e en horario de tarde en Chapela (19:00 a 21:00 horas). Previamente, o venres 21 ofrecerase unha charla na casa da cultura na que Marisé Barreiro falará dos beneficios da escritura expresiva.

O termo escritura expresiva define á escritura persoal, onde o mundo interno do escritor, coa súa experiencia, pensamentos e recordos é o protagonista. Exemplos comúns deste tipo de escritura son os diarios persoais, as cartas, e os poemas e relatos autobiográficos. O simple acto de escribir regularmente sobre a nosa experiencia e reaccións ten un impacto positivo na autoestima, proporciona claridade e perspectiva, axúdanos a coñecernos e expresarnos, a reducir tensións, a atravesar dificultades e a explorar a nosa creatividade. Aprendemos a recoñecer nosa propia humanidade e a aceptarnos, a darnos ánimos nos riscos que necesitamos afrontar, a asomarnos á vida que soñamos. Por todo isto, desde as Bibliotecas de Redondela, propoñémosvos esta actividade baixo a dirección de Marisé Barreiros quen impartirá o obradoiro en 6 sesións de dúas horas e de carácter quincenal. Na biblioteca Valle-Inclán de Redondela será en horario de mañá de 11:00 a 13:00 h e en Chapela impartirase en horario de tarde, de 19:00 a 21:00 h. E para animar aos veciños a achegarse a esta actividade a propia Barreiros impartirá o venres 21 ás 19:00 horas unha charla na que explicará as diferenzas entre a escritura expresiva e a creativa achegando exemplos e suxestións para obter o máximo proveito da escritura persoal e autobiográfica.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Explícanos que é a escritura expresiva

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará