Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama á Deputación que execute “dunha vez” a obra na estrada do Galleiro

RR_Noticias

A voceira do PP en Redondela, Carme Amoedo explica que é “un proxecto para aproximadamente os 720 metros que quedan pendentes e que os veciños están esperando desde 2016”. O PP critica que PSOE e BNG non votaran no pleno de decembro a favor dunha moción neste sentido. Goberno local e nacionalistas argumentaran naquel momento que xa existe un proxecto de humanización e reforma para este tramo final da estrada orzamentado en 400.000 euros.

Deputados provinciais do Partido Popular visitaron onte pola tarde a EP-2906, coñecida como Estrada do Galleiro, para apoiar as reivindicacións dos veciños deste lugar, que reclaman a Deputación de Pontevedra que rematen o proxecto e executen a humanización no tramo que está pendente durante este ano.
Así, xunto a Carmen Amoedo, estiveron os tamén deputados Jorge Cubela, Alejandro Lorenzo e Alfonso Marnotes, e incidiron na urxencia e necesidade de que o Bipartito “tivese a ben rematar un proxecto para aproximadamente os 720 metros que quedan pendentes, e que desde o ano 2016 están esperando os veciños”. Nesta liña, recordan que é unha zona rural onde a poboación vive moi dispersa e se despraza con frecuencia a pé, pero ademais por esta estrada provincial pasan milleiros de peregrinos ao ano, xa que forma parte do Camiño Portugués.
Sobre a existencia dun proxecto na Deputación para realizar esta obra asegura Amoedo que “a día de hoxe aínda non foi consensuado cos colectivos veciñais que non queren soamente beirarrúas nun carón da estrada”. Así, onte explicaron aos deputados que non queren un proxecto distinto ao que se fixo en 2014, queren para estes 720 metros o mesmo tipo de beirarrúas e humanización que hai no tramo xa finalizado, e non senda de xabre que non garante a seguridade dos peóns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará