Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoel López renuncia ao salario como Patrón Maior e aposta pola transparencia na Confraría

RR_Noticias

A primeira medida do recentemente elixido patrón Maior de Cesantes é renunciar ao salario que ata o de agora cobraba o seu predecesor no cargo. Entende que como mariñeiro os seus ingresos deben proceder do seu traballo no mar, explica Xoel López que engade que nun momento no que a situación económica da confraría é complicada esta é unha medida de aforro que debe sumarse a outras moitas aínda por analizar “agora é momento de estudar con calma a situación, revisar as contas e escoitar aos socios”.

Sementar ameixa e mellorar e incrementar o número de kilos que poden recoller as mariscadoras, promocionar a poxa do choco ou facer da Confraría unha entidade máis atractiva para que os barcos que marcharon regresen ao pósito son os obxectivos que a medio prazo se marca o que é xa novo patrón da Confraría. Elixido na votación celebrada o pasado sábado asegura que as 17 persoas que forman a Xunta Xeral “somos un equipo” que queremos mellorar a complicada situación que atravesa a confraría. Confía en sacar adiante a entidade malia que os número non son bos “produciuse unha clara caída na facturación, e temos que darlle a volta a esa situación”. Non se atreve a anunciar medidas concretas pero si fala de liñas xerais: sementar máis ameixa, traballar para que as mariscadoras poidan recoller máis produto e tamén aforrar. Neste sentido a primeira medida que adoptou é renunciar ao salario que ata o de agora cobraba o Patrón Maior por ocupar este cargo. Entende ademais que é imprescindible facer máis transparente a Confraría “non pode haber hermetismo, hai que poñer as contas a disposición de todos os socios e hai que escoitar a todo o mundo”.  

Xoel López Patrón Maior
Como primeira medida de aforro renuncia ao salario que viña cobrando o patrón maior
Transparencia e colaboración
Tanto cos socios como con outras confrarías
Sementar ameixa
Traballar en medidas que favorezan o incremento da facturación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará