Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os propietarios de fincas sen limpar deberán pagar os desbroces que realice o Concello

RR_Noticias

Redondela toma medidas en relación ás fincas abandonadas. Co obxecto de minimizar riscos ante posibles incendios forestais que afecten aos núcleos de poboación, dende o Concello procederán en próximas datas a adoptar medidas de desbroce e tala de especies pirófitas en varias propiedades das que, ben se descoñece ás persoas propietarias ou ben estas non realizaron ese traballo de limpeza unha vez requiridas polo Concello.

Ante esta situación o Concello está obrigado tanto pola Lei de prevención e defensa contra os incendios de Galicia, como pola vixente Lei do Solo por Lei a realizar esa limpeza. Esta medida excepcional está prevista para aquelas situacións que supoñan un claro risco para os residentes da zona.
Unhas actuacións que xeran uns importantes gastos de tramitación e execución material para o Concello, que deberá posteriormente adoptar todas as medidas posibles para repercutir os gastos ás persoas infractoras.
Dende a Concellaría de Medio Ambiente advírtese á cidadanía da responsabilidade que supón ter as propiedades en bo estado. Unha obriga regulada por lei que de non executarse pode causar danos a terceiros e ao medio ambiente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará