Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arteterapia para curar corpo e alma

RR_Noticias

A Concellería de Igualdade de Soutomaior organiza un obradoiro de “arteterapia” dirixido a todas aquelas persoas interesadas en xogar e experimentar coa arte. Ofértanse un total de 15 prazas para esta actividade que se impartirá os venres de 10 a 12:00 horas no Multiúsos de Arcade. As persoas interesadas deben inscribirse antes do 20 de febreiro.

Este obradoiro de “arteterapia” busca atopar o equilibrio por medio da expresión artística. As persoas que participen, serán as protagonistas do seus procesos e de organizar as súas necesidades para acercarse ó seu benestar.
A práctica de Arteterapia está indicada para todas as persoas, e está recomendada especialmente para aqueles que se atopen en procesos de recuperación de doenzas de carácter prolongado e procesos inflamatorios. Serve tamén para acompañar a persoas que se atopen en procesos emocionais de crise.
A inscrición debe facerse en liña a través da páxina web do concello de Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará