Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rondalla de Redondela recupera a música “…de toda a vida”

RR_Noticias

“La Portela”, “Carnaval de mis amores”, “Subieron el bacalao” son tan só algúns dos títulos que atopamos no segundo disco de La Rondalla de Redondela, unha formación na que participan máis de trinta voces masculinas que se subirán este venres ao escenario do Multiúsos para presentar este novo traballo. Haberá dous pases, un ás 20:00 horas e o segundo ás 21:15.

Un escenario que coñecen á perfección porque é alí onde ensaian habitualmente e onde precisamente se gravou ao vivo este disco que leva por nome “Rondalla de Redondela… de toda a vida”. Celebran así os seus dez anos de vida dende que a formación comezara xa a traballar de xeito estable aló polo mes de marzo de 2010. Con todo, a idea nacera xa uns anos antes, cando algúns dos integrantes da comparsa Tío Emilio, todo un clásico no Entroido redondelá, decatáronse da necesidade de recuperar as cancións das décadas dos anos 40 e 50 que formaban parte da nosa memoria colectiva, pero que ese estaban perdendo. Tito González, un dos fundadores da rondalla, explica que a formación foi crecendo ata chegar a superar nalgún momento os máis de 40 integrantes. Se o primeiro disco estaba composto por ese temas de mediados do século pasado, neste novo traballo continúan co seu obxectivo de recuperar o legado cultural e musical da vila rescatando cancións dos carnavais de antes do 36. Apunta José Angel Gesteira que incluso algún dos temas hai que datalos cen anos atrás. E malia que sobre o escenario só atoparemos homes, hai tamén un papel fundamental reservado a unha muller Chari Río, encargada da dirección de voces e de poñer un pouco de orde “nesas interpretacións tabernarias” grazas a súa experiencia previa na Coral Casablanca. Un traballo en equipo que volverá encher este venres o Multiúsos para presentar un disco que se poderá adquirir finalizado o concerto.  

José Angel Gesteira
Un disco con temas anteriores ao 36
Tito González
A Rondalla nace a partir dunha idea da comparsa Tío Emilio
Chari Río
Importante labor como directora de voces

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará