Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG lamenta que o Concello non presentara alegacións á ampliación de Aucosa

RR_Noticias

Os nacionalistas presentaron unha alegación ante a Autoridade Portuaria de Vigo co fin de deter a proposta de Auxiliar Conservera, AUCOSA,  para ampliar o seu proxecto industrial na beiramar do barrio de Cabanas na parroquia de Trasmañó. Segundo o BNG esta empresa presentou unha solicitude de concesión administrativa na zona de servizo do Porto de Vigo, na que se pretende a construción dunha nova factoría duns 1.500m2 para a elaboración de aceite para consumo humano, a partir de sobrantes do peixe. Lamentan que dende o concello e particularmente dende Medio Ambiente, non se presentara ningunha alegación en contra.

Explica o edil Xoán Carlos González que a solicitude de Aucosa contempla a construción dunha nova factoría que ocuparía uns mil cincocentos metros cadrados, en dous andares e que estaría máis próxima ao mar que calquera das que xa dispón a empresa cun investimentos total que superaría os dous millóns trescentos mil euros. Consolidaríase así o complexo industrial de AUCOSA, en Punta Chapelisa, en plena Rede Natura 2000.
En base a estes datos presentaron unha alegación na Autoridade Portuaria argumentando que a actividade da factoría nada ten que ver coa explotación directamente de produtos mariños, polo que súa ubicación debería cinguirse a un polígono industrial.
Tamén se interesou o edil nacionalista en saber se o Concello de Redondela, presentara algunha alegación, para facer forza conxunta. Despois de dirixir un escrito en novembro do 2019, ao goberno de PSOE-AER, non houbo ningún tipo de resposta “a conclusión á que chegamos, é que ningunha forza política, nin a concellaría de medioambiente, nin dende a alcaldía, se elaborou Alegación algunha, cuestión que lamentamos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará