Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detidos os autores de 17 roubos con forza en Vigo e Redondela

RR_Noticias

A Policía Nacional detivo a dous albaneses de 24 e 34 anos de idade responsables de 17 roubos con forza en varias urbanizacións de Vigo e Redondela cometidos durante os pasados meses de novembro e decembro. En todos os asaltos forzaban portas ou xanelas das plantas superiores e accedían ao interior para levar xoias e diñeiro, así como artigos ou efectos de gran valor e rápida venda. Nalgúns casos accederon á vivenda mentres os seus propietarios estaban ceando ou vendo a televisión no andar inferior.

Froito da investigación os axentes descubriron a existencia dun grupo criminal organizado dedicado aos roubos e asaltos en vivendas, e que podía ser o responsable de máis do 80% dos roubos cometidos na contorna de Candeán, Coruxo, San Andrés, Valladares e Cesantes.
Accedían ás vivendas forzando portas e xanelas e desprazábanse en vehículos de alta gama. Centraban as súas horas de actuación entre a tarde e a noite, sen importarlles se había ou non moradores na vivenda.
Ante a presión policial, este grupo decidiu cambiar a súa zona de actuación aos concellos máis próximos á cidade, tales como Baiona, Porriño, Cangas, Gondomar… e mesmo a fóra da provincia (Ordes, Betanzos..).
Intensificouse o modo de actuación do Plan Especial de Roubos, para tentar pór coto a este tipo de feitos. Froito diso e tras o asalto a unha vivenda de Valladares, na que residía un matrimonio, logrouse deter aos dous xefes da organización que contaban con case 20 antecedentes policiais anteriores, sendo moitos deles por feitos similares ao descrito, ademais dunha Prohibición de Entrada en Italia, e unha Investigación de Domicilio e Paradoiro emitida en Alemaña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará