Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cita co Cocido no día grande das Festas de San Vicente de Trasmañó

RR_Noticias

A parroquia redondelá inicia este mércores as festas patronais que inclúen citas relixiosas, musicais, verbenas, propostas para os máis pequenos, unha concentración de coches clásicos e a XI edición da festa do cocido, que terá lugar o domingo 26. As persoas interesadas deben reservar os seus tickets chamando aos teléfono 663 17 69 51 ou 670 884 419. Tamén poden adquirilos na cafetería O Rodeo en Rande ou a través das redes sociais da Comisión de Festas.

A cita gastronómica do domingo volverá centra a xornada grande das festas, un copioso prato onde non faltará a sopa, as sobremesas e os tradicionais ingredientes dun bo cocido, todo baixo unha carpa climatizada para garantir as comodidades dos comensais. Degustar este completo cocido é unha das propostas que nos deixa o programa de festas que arranca este mesmo mércores coas tradicionais citas relixiosas pero que vivirán na fin de semana as súas actividades principais. Como novidade, nesta edición organizan un serán musical a partir das 20:30 horas do venres no que haberá viño da casa, choripán e chocolate con rosca para acompañar unha tarde noite á que convidan a todos aqueles que saiban tocar algún instrumento a participar activamente. O sábado arrancará coa III concentración de vehículos clásicos que percorrerán a parroquia. Pola tarde haberá tamén actividades para os nenos con cucañas, xogos populares e o grupo de animación infantil Rivel. Pechará a xornada a verbena amenizada polas orquestras Compostela e Miramar e unha gran tirada de fogos de lucería. O domingo, logo dos actos relixiosos na honra de San Blás, arrancará a degustación do cocido e a orquestra Trebol será a encargada de pechar a xornada.  

Actividades para nenos
Cucañas e xogos populares na tarde do sábado
Juan González San Vicente de Trasmañó
A festa do cocido celebra xa a súa XI edición
Concentración coches clásicos
Un dos atractivos para arrancar a fin de semana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará