Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo edita un disco para concienciar sobre o medioambiente

RR_Noticias

30 formacións súmanse ao primeiro disco do Artelixo. Artistas locais pero tamén redondeláns de adopción non quixeron perder a oportunidade de achegar o seu gran de area a este disco de marcada conciencia medioambiental. Está previsto que saia a venda no mes de abril, coincidindo coa vindeira edición do evento Artelixo. Rock, jazz, hip hop, blues… todos os estilos tiveron oco nun traballo musical que se gravou nas instalacións do local de ensaio nas Casas dos mestres.  

Un disco ecléctico, no que se dan cita todos os estilos e practicamente todas as formación e músicos que soan en Redondela. Tatán, Suso Ben, A Rondalla de Redondela, Relámpago, redondeláns de adopción como os integrantes de Paciencia Paradise ou Guzmán (do clásico grupo Cánovas, Rodrigo, Adolfo e Guzman) e así ata trinta formación sumáronse a este iniciativa. Foi nos últimos días do ano cando durante catro intensas xornadas se gravaron a maior parte dos temas que conformarán este disco, agora en fase de postproducción. O obxectivo é telo listo para a próxima edición do Artelixo cando sairá a venda e se organizará un gran concerto para a súa presentación. Pendentes das posibles achegas económicas do concello, aínda está por determinar o seu prezo de venda “pero será económico, tres ou catro euros, porque o que queremos é que se escoite e que todo o mundo poida acceder a el”.  

Pedro Pérez Artelixo
Un disco medioambiental
Todos os estilos
30 artistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará