Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela solicita unha reunión co ministro Ábalos para que se fixe a data de supresión da peaxe

RR_Noticias

A asociación de veciños de Chapela e Teis presentaron este luns por rexistro no edificio administrativo da Xunta unha solicitude de reunión co ministro de Transporte, José Luís Ábalos, ao que reclaman que se concrete “xa” unha data para a supresión da peaxe da AP-9 en Rande. Ademais da adopción das medidas de mellora aprobadas para as zonas limítrofes e a colocación de pantallas acústicas. De non obter resposta, advirten, retomarán as mobilizacións.

Os portavoces dos colectivos veciñais explicaron, logo de presentar a petición de xuntanza co ministro de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, no rexistro do edificio administrativo da Xunta en Vigo, que a supresión da peaxe nese tramo é unha reclamación “unánime” de toda a comarca. Lembran que é unha das medidas que está contemplada no acordo de investidura asinado entre PSOE e BNG, polo que “é momento de tomar esa decisión política”. Non queren que quede só no papel e reiteran que manter o cobro nese tramo é “inxusto e discriminatorio” para os veciños de Chapela e Teis. Fan fincapé en que “a solución non é conxelar” a peaxe senón eliminala. Unha medida que, unida á conversión da Ap-9 en tramo urbano desde as Torres de Padín cara ao centro de Vigo, “permitiría mellorar a mobilidade” nesa zona, que actualmente debe soportar un gran volume de tráfico pesado. O presidente da Asociación de Veciños de Chapela, Marcial Pérez, recalcou que, ademais da supresión da peaxe, esta parroquia leva dous anos esperando a que se executen obras de mellora e medidas contra a contaminación acústica, recollidas na adenda ao convenio asinado entre Audasa e o Goberno para a última ampliación da autoestrada. O presidente advirte que, se non se executan esas medidas de inmediato, Teis e Chapela “volverán ás mobilizacións”, porque “tiveron tempo suficiente de facer estudos” e, aínda que “todos os políticos apoiaban facelas”, o certo é que non as fixeron”.

Marcial Pérez AV Chapela
Denuncia os prexuízos que sofren os veciños de Chapela pola AP-9 e advirte que de non haber cambios volverán as mobilizacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp