Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe do BM Chapela a Soto cun partido ante o Teucro

RR_Noticias

O BM Chapela rinde homenaxe esta noite a Manuel González Soto, o que fora o seu presidente, falecido hai agora un ano. Na súa lembranza o equipo de Chapela medirase ao Teucro no pavillón da parroquia, que leva o nome do homenaxeado. Ás 21.00 horas.

O club de Chapela quere facer deste aniversario polo pasamento de Soto un acto de lembranza e celebración, co Trofeo Manuel González Soto, do que hoxe se disputa a primeira edición. O primeiro equipo do club, que milita en Primeira Nacional, medirase ao Teucro, de División de Honra Prata. Un partido entre dous históricos do balonmán galego e estatal dos que Manuel González Soto foi partícipe. Porque se do BM Chapela foi xogador, adestrador, directivo e presidente, tamén militou nas filas do Teucro como xogador e técnico. Fran Teixeira, adestrador do Chapela, salienta que o club “é o que é grazas á figura de Soto”. O club quere así facer deste aniversario do pasamento de Soto un acto de lembranza e celebración, co Trofeo Manuel González Soto, do que hoxe se disputa a primeira edición. A cita é ás 21.00 horas. Primeira Nacional No deportivo, o Rodosa Chapela segue imparable. Está a 1 punto de Lalinense e Lanzarote, que comparten liderato. Ocupa un meritorio 3º posto, posición que pode resultar soprendente para moitos, xa que o equipo redondelán “non entraba este ano nas quinielas para pelexar pola promoción de ascenso”. Con todo, o traballo e compromiso dos xogadores que se mantiveron no club e o das novas incorporacións están a dar excelentes resultados. Esta fin de semana estrean a segunda volta no pavillón do Carnes do Ribeiro, situado na metade baixa da táboa. Non será un partido doado, segundo Teixeira, xa que o conxunto ourensán conta cun bo plantel. Advirte que é complicado gañar na cancha do pavillón municipal O Consello. Sumar 2 puntos permitiríalles seguir na cabeza da táboa e aspirar aos postos de promoción xunto con Lalín, Lanzarote e Xiria. O partido dispútase o sábado ás 18.30 horas.

Fran Teixeira adestrador Rodosa Chapela
Un partido entre dous históricos do balonmán galego e estatal dos que Manuel González Soto foi partícipe.
Primeira Nacional
O equipo acabou a primeira volta no 3º posto. EStá a 1 punto de Lalinense e Lanzarote que comparten liderato.
Carnes dop Ribiero-Rodosa Chapela
Teixeira advirte que é complicado gañar na cancha do pavillón municipal O Consello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará