Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Debate sobre a contaminación das estufas das terrazas: Habería que prohibilas?

RR_Noticias

  As estufas de gas das terrazas estendéronse coa lei antitabaco. Dende entón convertéronse en algo contián, pero agora están no punto de mira. En plena loita contra o quecemento global os expertos critican que contaminan, mentres os hostaleiros advirten que retiralas suporía un grave prexuízo. Os clientes apostan por unha solución intermedia: buscar enerxías alternativas e regular o seu uso.

A lei antitabaco puxo de moda unha tendencia que antes non existía en Redondela, igual que no resto de Galicia: as terrazas hostaleiras “calefactadas”. Os seus primeiros usuarios foron os fumadores que se vían obrigados a saír ao exterior para acender un cigarro en pleno inverno, pero co paso do tempo o seu uso fíxose cotián, e son moitos os que se animan a tomar algo ao aire libre a pesar das baixas temperaturas. Nas últimas xornadas, especialistas en eficiencia enerxética criticaron un fenómeno que cualifican de “barbaridade total” por quentar de maneira artificial un espazo aberto, co efecto contaminante que supón. Catro bombonas de butano funcionando oito horas ao día “producen tantas emisións como as dun coche que percorra 350 quilómetros”. Por iso veciños como Jose Luis serían partidarios de que se prohiban. Entende que “igual que se limita o uso de vehículos contaminantes, debería facerse o mesmo coas estufas”. Os hostaleiros defenden o seu uso Mentres os hostaleiros defenden o seu uso. Nuria, que rexenta un establecemento en Redondela, sinala que as terrazas só funcionan co uso de calefactores, e que quitalos supoñería un grave prexuízo para o negocio. Ante este dilema entre a comidade que supón contar cunha terraza climatizada, e o problema da contaminación ambiental, hai quen aposta por unha solución intermedia. Isabel propón “buscar enerxías alternativas e regular o seu uso”. Existen outras opcións como as estufas eléctricas, menos contaminantes, pero teñen tamén un consumo máis caro.Un abaratamento no prezo da enerxía eléctrica sería unha solución para poder eliminar as de combustión, segundo apuntan algúns clientes. Os hostaleiros tamén están dispostos a eliminar as estufas de combustión, se son contaminantes, pero entenden que deben darlle “alternativas”. Algunhas cidades europeas comezaron xa a prohibir as estufas de gas nas terrazas, e en Barcelona a modificación da ordenanza municipal de terrazas vai prohibilas en 2025, pero estarán permitidas as estufas eléctricas. Esa planificación, a medio prazo, semella unha boa medida para moitos veciños, que entenden que é necesario facer unha planificación, para que o cambio sexa “progresivo”.

Limitar o seu uso se contaminan
Jose Luis sería partidario de que se prohiban. Entende que "igual que se limita o uso de vehículos contaminantes debería facerse o mesmo coas estufas".
Os hostaleiros defenden o seu uso
Quitar os calefactores supoñería un grave prexuízo para o negocio.
Enerxías alternativas
Isabel propón "buscar enerxías alternativas e regular o seu uso".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará