Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Graffitis artísticos para decorar muros de formigón e fachadas

RR_Noticias

A Concellería de Xuventude aproveitou a recente celebración das batallas de galos en Chapela e Redondela para poñer en marcha outras expresións propias do movemento urbano como so os graffitis. Así, co gallo do evento celebrado no skateparck da Marisma, un grupo de grafiteiros aproveitaron para plasmar a súa obra nun dos muros do pavillón de deportes.

No evento celebrado o pasado sábado no parque de skateparck de Redondela, realizáronse distintas actividades artísticas coma exhibición de graffiteros e Djs que amenizaron unha xornada con unha boa acollida do público asistente.
Un dos muros do pavillón da Marisma foi o lenzo onde os graffiteros plasmaron a súa obra, que xa forma parte do arte urbano de Redondela. Dende o concello amosan o seu compromiso de cara a continuar fomentando este movemento urbano, e particularmente pola arte do graffiti “como unha das forma de rematar co feismo de formigón en muros e fachadas” segundo apuntou Digna Rivas.
O evento relacionado co movemento urbano tivo como acto central unha batalla de galos nos que se enfrontaban mozos e mozas de Redondela e Chapela que con ritmo de rap e hip hop improvisaron nun combate verbal do que resultou gañador o equipo de Chapela. O combate estivo regulado por un xurado formado por 3 integrantes que velaron por unha competición limpa e respectuosa que se prolongou durante 3 horas. O Concello agasallou aos equipos participantes recibiron un trofeo e unhas camisetas conmemorativas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará