Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG saca peito ante un acordo de investidura que “favorece a Galicia e a Redondela”

RR_Noticias

A gratuídade da peaxe en Rande en un dos puntos recollidos no documento que o PSOE e os nacionalistas asinaron para facilitar a investidura de Pedro Sánchez. Un documento que inclúe tamén a transferencia da AP-9 a Galicia, o saneamentos das rías, o apoio ás industrias galegas e outras medidas de ámbito social e cultural. Para o responsable local do BNG en Redondela, Anxo Lusquiños, “e a demostración do que sempre defendemos, que si o Bloque estaba en Madrid os intereses de Galicia ían estar enriba da mesa”.

Un único deputado en Madrid sérvelle ao BNG para cobrar protagonismo ante o axustado reparto de forzas entre os que apoian un goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos e as formacións en contra. O voto a favor de Néstor Rego foi así determinante na sesión de investidura de hoxe (167 a favor, fronte a 165 en contra e 18 abstencións). Un voto que Sánchez se aseguraba logo dunha intensa xornada de negociación entre nacionalistas e socialistas o pasado venres e que se concretou nun pacto que inclúe un total de dez puntos que abordan cuestións como a recuperación do sector naval, o saneamento das rías, o apoio ao galego ou a transferencia da AP-9 a Galicia. Neste sentido destacaba o responsable local do BNG en Redondela, Anxo Lusquiños a relevancia deste punto, xa que compromete a transferencia da autoestrada do Atlántico a Galicia neste 2020, a bonificación do 100% da peaxe para usuarios que a percorran dúas veces ao día e a gratuidade da peaxe en Rande. Outros acordos recollidos neste documento inclúen medidas para a industria galega e sobre todo para a crise das eelectrointensivas, o estudo dunha tarifa eléctrica galega, a modernizacións da rede ferroviaria e a transferencia a Galicia da totalidade das competencias pendentes así como a equiparación a Cataluña e País Vasco.  

Anxo Lusquiños BNG
Defende que a axenda galega está sobre a mesa grazas a presenza do BNg en Madrid
Gratuídade peaxe
E transferencia da AP-9
Un documento de dez puntos
Compromisos en diferentes ámbitos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará