Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O I Torneo Solidario de Nadal do C.D. Choco recolle máis de 800 quilos de alimentos

RR_Noticias

O club redondelán celebrou esta fin de semana a primeira edición deste torneo, que se estreou con grande éxito de participación. A directiva salienta que “a gran vencedora foi a solidariedade” por parte de tódolosequipos participantes e tamén do público.

O sábado 28 de decembro, ás 9.00 da mañá daba comezou a I Edición do Torneo Solidario de Nadal organizado polo CD Choco. Un total de 34 equipos foron os participantes deste encontro onde a solidariedade e o fútbol dábanse a man coa recollida de alimentos non perecedoiros destinados a Cáritas. Benxamíns, Alevíns e Infantis eran as categorías participantes e tras unha mañá de partidos proclamaríase campión da Categoría Benxamín o Choco A tras impoñerse ao Cangas A na final. Na tanda de penalties polo terceiro e cuarto posto gañaría o Choco B ao Cuntis. Na categoría Infantil o Santa Mariña impúxose ao Choco A na final, sendo o Choco B e o Choco C o terceiro e carto clasificado respetivamente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará