Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello modernizará o alumeado público das parroquias para evitar avarías e optimizar o gasto

RR_Noticias

O goberno local fai balance das incidencias provocadas polos dous últimos temporais que afectaron a Galicia, e que deixaron sen alumeado público ducias de barrios en Redondela. Segundo a alcaldesa, Digna Rivas, moitas das avarías producíronse “polo estado obsoleto de cadros e tendidos eléctricos”, polo irán modernizando paulativamente todas estas infraestructuras.

Segundo informan desde o goberno local, están a traballar “para poder solucionar canto antes os problemas comunicados polos veciños, dando preferencia aos barrios que quedaron completamente a escuras”. Con todo, advirten que hai algunhas das incidencidencias “que debido gravidade das averías aínda permanecen sen solucionar”. Segundo a alcaldesa, Digna Rivas, moitas das averías foron debido “ao estado obsoleto” de cadros e tendidos eléctricos, polo que despois de realizar un exhaustivo informe, irán modernizando paulativamente todas estas infraestructuras, “non só para evitar no futuro este tipo de problemas e posibles accidentes, senón tamén para optimizar o gasto e cumprir coa normativa vixente”. O paso dos temporais Elsa e Fabien deixaon máis dun cento de incidencias en Redondela, a maioría relacionadas cos fenómenos meteorolóxicos adversos, coma árbores caídas, contenedores, farolas ou postes do tendido eléctrico caídos ou en situación periosa, muros derrubados ou baixos de casas anegados. Pola súa bada os servizos de emerxencia e grupo de protección civil do Concello de Redondela contabilizou un total de 48 saídas relacionadas con incidencias do temporal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará