Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR avanza con paso firme cara o ascenso

RR_Noticias

A SAR recuperou o liderato da Primeira Autonómica logo de impoñerse en Coia ao Seis do Nadal nun partido moi competido. O próximo sábado, na última xornada antes do parón de Nadal, reciben ao Atl. Novás, outro dos equipos fortes do grupo e actualmente 3º clasificado.

A falta de dous partidos para que remate a primeira volta do campionato, a SAR está a colleitar uns excelentes resultados. Suma 8 vitorias e tan só unha derrota e lidera a táboa, empatado a puntos co Culleredo. Ademais a SAR é o equipo máximo goleador da competición (270) e tamén o menos goleado (174). Un balance espléndido para o conxunto que adestra Pablo Muíños, formado por xogadores da canteira redondelá, algúns deles moi novos. SAR-Atl. Novás Este sábado disputan o último partido antes do parón de liga polas festas de Nadal. Será en Redondela, ante o Atl. Novás, outro dos equipos fortes da liga e que vén de gañar ao Culleredo. O equipo do Rosal, 3º clasificado, está a 3 puntos da SAR, pero conta con xogadores experimentados, entre eles algúns dos que acadaron o ascenso do club a División de Honra Prata. Será un duro rival, segundo recoñece Muiños, que confía en facerse cos dous puntos na casa. De gañar “sería un balance moi bo para a primeira volta” O técnico pide o apoio da afección para este encontro, e tamén para o resto da temporada, e unha maior implicación da sociedade e as administracións. Salienta o gran esforzo que fai a directiva do club, que leva moitos anos traballando polo deporte. Afirma que a mellor recompensa sería acadar o ascenso e regresar a Primeira Nacional, “categoría que nunca debería ter perdido a SAR”.    

Pablo Muiños adestrador
A SAR lidera a táboa empatado a puntos co Culleredo. É o equipo máximo goleador e tamén o menos goleado cun equipo formado por xogadores da canteira.
Sar Plastic Omnium- Atl. Novás
O sábado xogan en Redondela co Novás. É o 3º clasificado a 3 puntos da SAR.
Apoio social e das administracións
O técnico pide unha maior implicación da sociedade e das administracións co club. Entende que a directiva precisa xente nova que participe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará