Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco varre ao Alondras en Santa Mariña

RR_Noticias

Festa de goles no campo redondelán. O equipo de “Gonza” goleou ao Alondras CF (6-1) nun partido que supuxo o regreso de Davicín logo de case un ano lesionado. Na Primeira Galega gañou o Arcade e na Terceira triunfos de Chapela e Nespereira. No fútbol sala trío de vitorias para os equipos locais de Redondela, Campito e Arealonga.

Terceira División
Choco 6-1 Alondras
Agardábase un encontro competido no Santa Mariña entre dous rivais moi igualados na táboa. Comezou con pugna por facerse co control do xogo, cos de Cangas tentando sorte na portería de Cortegoso, e Luismi puxo por diante aos do Morrazo no minuto 13. Pero o Choco non baixou os brazos e aos poucos fíxose co dominio do encontro. O empate firmouno Félix logo dunha xogada cobinativa con Tomás e Yerai. Cinco minutos máis tarde Yerai poñía aos redondeláns por diante tras aproveitar o rexeite do tiro inicial de Adri. Co 2-1 no marcador, os de “Gonza” xa dominarían ao completo un partido no que os cangueses só conseguían crear perigo a balón parado. O Choco, que non se conformaba, seguía creando perigo e no minuto 32 Tomás anotou o terceiro e último gol da primeira parte. Tralo paso por vesitarios o equipo choqueiro seguía a mandar no campo, e buscaba ampliar o resultado. No minuto 54 Adri subiría o cuarto gol. O momento máis emotivo chegaría co derradeiro troco nas filas choqueiras coa entrada de Davicín logo dun fóra dos terreos de xogo por unha lesión. Logo chegaría o quinto gol, obra de Félix superando a Ayoube no man a man. E pechou a conta Davicín no minuto 83 cun gol de penaltie, logo de que os seus compañeiros lle cederan o tiro para poñer o remate a un partido perfecto dos redondeláns.
Na próxima xornada o Choco visita o campo do líder, o Compostela. O domingo no campo de San Lázaro.
Choco: Cortegoso; Mario, Yago Vázquez, Vitra, Aitor Cañedo; Caloi (Rancaño, min. 59), Sergio Santos (Davicín, min. 72); Yerai (Martín, min. 67), Félix, Tomás Abelleira; e Adrián Rodríguez.
Alondras: Ayoub; Jesús Varela, Agujetas, Javi, Arnosi; Cora (Álex, min. 60), Abel (Marcos, min. 74), Luismi, Mauro; Marwan e Jonás (Charles, min. 74).
Goles: 0-1, min. 13: Luismi; 1-1, min. 22: Félix; 2-1, min. 26: Yerai; 3-1, min. 33: Tomás Abelleira; 4-1, min. 54: Adrián Rodríguez; 5-1, min. 77: Martín; 6-1, min. 85: Davicín, de penalti.
Árbitro: López Fernández. Expulsou con cartón vermello directa ao visitante Arnosi (min. 84). Amoestou ao xogador local Sergio Santos e aos visitantes Javi e Agujetas.
Primeira Galega

Zacande 0-2 Arcade
O Arcade sitúase no 5º posto do grupo logo de impoñerse ao Zacande. Na próxima xornada reciben ao Marcón, situado na parte baixa da táboa.
Segunda Galega

Deiro 1-0 Cesantes
O Cesantes é o pechacancelas do grupo logo de perder pola mínima no campo do Deiro, que consegue escapar da parte baixa da táboa. Na próxima xornada reciben ao Cruceiro, situado na metade alta da clasificación.
Tomiño 5-4 Atl Vilar
O Vilar regresou de valeiro do campo do Tomiño, un dos fortes do grupo, logo dun partido moi disputado. Na próxima xornada reciben en San Martiño ao Caldelas, líder do grupo.
Terceira Galicia

Chapela 1-0 Vigo 2015
O Chapela cumpriu co obxectivo e sumou os tres puntos ante o Vigo 2015. Está no 5º posto, e na próxima xornada visita o campo do Oiense, situado na metade baixa da táboa.
Nespereira 3-2 Apóstol
O equipo de Pazos de Borbén abandona a posición de pechacancelas logo de superar ao Independiente. Suman así a súa terceira vitoria e na próxima xornada visitan o campo do Vilariño, 12º na táboa.
Fútbol Sala

Terceira División

Estrada Futsal 6-3 Pazos de Borbén F.S
Derrota con polémica na Estrada logo de que o árbitro deixara ao equipo de Pazos en inferioridade numérica. Advirten desde o club que hai varios partidos impugnados e que se van a repetir por erros graves, polo que piden á Federación “que tome medidas”. O sábado regresan á competición no pavillón municipal de Pazos, reciben ao Beade Coperfi, que está no pozo da táboa. Ás 19.00 horas.
Preferente Sur

Redondela Maramar 8-4 Balona Linense
O conxunto redondelán mantén o 4º posto logo de impoñerse ao Balona Linense. Agora toca parón ligueiro, regresan á competición o 12 de xaneiro no pavillón das Neves, o líder do grupo.
Valadares Golbar Mar 2-4 Campito
O Campito, cada vez máis afastado dos postos de perigo na táboa, xa é 8º logo do triunfo na pista do Valadares Global Mar, un rival complicado ao que souberon impoñerse os de Chapela. Agora toca descanso, o 12 de xaneiro retoman a liga en Chapela ante o EDO Sala Ourense, 2º na táboa.
Primeira Galicia

AEVM O Pirata 2-7 Arealonga Const.Castro
Contundente vitoria dos de Chapela que se manteñen como líderes de grupo. Esta fin de semana reciben ao Club Deportivo A Paz, situado na parte baixa da táboa
Balonmán

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 23-29 Carballal
A derrota deixa ás de “Chini”no 10º posto da táboa, e rematan así a primeira volta. O sábado comezan a segunda volta da liga como locais, reciben a un dos equipos máis fortes, o Cleba, 2º na táboa. Será ás 18.30 horas na bomboneira.
Primeira Nacional

Rodosa Chapela, xornada de descanso. O sábado retoman a competición no pavillón Manuel González Soto ante o Granitos Ibéricos Carballal. A cita é ás 18.30 horas
Primeira Autonómica

Seis do Nadal 28-29 SAR
A SAR recupera o liderato logo de impoñerse en Coia ao Seis do Nadal nun partido moi competido. O sábado, na última xornada antes do parón de Nadal, reciben ao Novás, outro dos equipos fortes do grupo, actualmente 3º clasificaco, e que vén de gañar ao Culleredo, que comparte liderado cos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará