Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian a falta de visibilidade no paso de péons no que unha muller era atropelada este venres

RR_Noticias

Aseguran dende a Asociación de veciños de Chapela que este paso está “moi mal sinalizado” e que non é a primeira vez que se produce un accidente neste punto da Avenida de Vigo. Nesta ocasión era unha muller que estaba a cruzar por este paso de peóns á altura do barrio de Cidadelle, a que resultaba ferida grave pasadas ás 19:30 horas do venres cando era alcanzada por un turismo.

“unha vez máis temos que lamentar unha desgraza neste punto” lamentan dende o colectivo veciñal, ao tempo que explican que se trata dun “paso de peóns moi mal sinalizado, falta de visibilidade e coas sinais verticais de luces parpadeantes que o facían máis visibles e que continúan apagadas dende hai tempo”.
Entenden que se trata dunha falta de seguridade que non ten xustificación e que provoca situacións como a vivida o venres cando unha muller, que se atopaba cruzando por ese punto pasadas as sete e media da tarde era alcanzada por un turismo. A muller, que resultou ferida de consideración, foi trasladada a un centro hospitalario. Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, Policía Local de tráfico e voluntarios de protección civil, así como unha ambulancia medicalizada do 061 que evacuou á ferida.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará