Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian aliñación indebida do Campito por unha futbolista de 9 anos que xoga coas infantís

RR_Noticias

Crystal Almeida leva toda a temporada xogando co equipo de Chapela, compartindo pista con xogadoras de 12 e 13 anos. A situación é coñecida polos demais equipos da liga. No club lamentan que, tras a vitoria ante o Poio Pescamar, o equipo pontevedrés decidiu denuncialos.

Aducen uns artigos do regulamento de fútbol que especifican que un neno de base non pode saltar dúas categorías. Desde o Campito o seu presidente, Iago Fernández, sinala que van acudir ao Comité de Competición a expor os seus argumento. Advirte que esa normativa do fútbol “non é aplicable ao fútbol sala”, xa que existen precedentes de nenas de trece e catorce anos xogando en categoría sénior. Entende que “se esas nenas poden xogar con outras de dezanove, unha de nove pode estar coas de trece”. No caso de Crystal, o club decidiu facerlle ficha de infantil porque non existe competición feminina na categoría benxamín, que sería a que lle corresponde por idade. Pero máis aló de cuestións legais, o que lamentan no Campito é que “sería un prexuízo moi grande para a nena que lle anulen a ficha e non poida xogar”. E en segundo lugar, considérano “unha falta de xogo limpo” por parte do Poio Pescamar que, despois de perder un partido, reclama aliñación indebida “por unha nena máis pequena”. Ademais entenden que a Federación debe asumir a situación “porque foron eles quen autorizaron a ficha”. En principio, o caso verase o vindeiro xoves no Comité de Competición da Federación Galega, na Coruña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará