Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mar non o merece, unha instalación de vidros e cascallos para concienciar sobre o lixo nas praias

RR_Noticias

O Concello bota man do “artelixo” para denunciar a enorme cantidade de material de refugallo que acaba nos areais. Baixo o título “o mar non o merece” ata finais de ano podemos ver o lixo que voluntarios e traballadores municipais retiraron da zona intermareal das praias de Arealonga e Penedos en Chapela. Unha instalación que serve como chamada de atención sobre a cantidade de residuos que acaba nas praias.

Ao carón do concello pódese ver estes días unha chamativa instalación formada por toneladas de refugallos retirados hai uns meses da zona intermareal dos areais de Arealonga e Penedos. Ladrillos, azulexos, louza, material de construción, vidros… en total máis de cinco toneladas de cascallos que foron retirados por voluntarios e traballadores do concello nos areais de Chapela. Un material que ía ser trasladado ás correspondentes plantas de reciclaxe e tratamento pero que finalmente dende a Concellería de Medio Ambiente decidiron empregar como un xeito de concienciar e chamar a atención da cidadanía. Así, ata finais de ano poderemos ver esta curiosa instalación no exterior do concello decorado incluso con motivos navideños, para resultar máis impactante entre os veciños. A continuación trasladarase a Chapela e non se descarta realizar algún tipo de “escultura” ou intervención con todo ese material.  

O mar non o merece
Roberto VIllar edil de medio ambiente explícanos o obxectivo da mostra
Chamar a atención
Un material que se está a empregar de xeito didáctico

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará