Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación contra o Cáncer anima a “Levantar a man” para visibilizar a loita contra a enfermidade

RR_Noticias

A Asociación Española contra o cáncer de Redondela organiza este sábado unha concentración baixo o lema “Levanta a túa man, porque todos temos un por que e un por quen”. Unha iniciativa coincidindo coa data na que se conmemora o Día Mundial contra esta enfermidade (19 de outubro) que busca concienciar e amosar o apoio da cidadanía a todas as afectadas polo cáncer de mama.

O acto celebrarase este sábado ás 12.30 na Praza do Concello. Instalarase unha mesa na que se porán en venda diferentes produtos e informarase dos diferentes servizos que presta esta asociación en Redondela, cuxa sede se atopa no Multiúsos da Xunqueira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará