Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela Maramar, suma e segue

RR_Noticias

Logo da vitoria no pavillón do U.D.Coles, o equipo de Redondela lidera a grupo de Preferente. Cun plantel renovado, o técnico Kiko Davila amósase satisfeito co rendemento do equipo, do que destaca a súa faceta goleadora. Esta fin de semana reciben á Quinta de Tui.

O equipo sénior do Redondela F.S. vén de colleitar unha contundente goleada na súa visita á pista do U.D. Coles, o que o sitúa como líder da clasificación, aínda que empatado a puntos con outros catro equipos da Preferente Sur. Logo de cinco xornadas, nas que suman 4 vitorias e unha derrota, Davila fai un balance positivo deste arranque de temporada no que ademais tiveron que enfrontarse a rivais de alto nivel. Con todo, o técnico non se conforma “porque sempre se pode facer mellor”. Son ademais o equipo máximo goleador con diferencia, 27 goles a favor e só 11 encaixados. Os bos resultados “son froito dunha planificación feita con tempo”, logo da saída de moitos xogadores do club. O plantel tivo que completarse con futbolistas da canteira, que subiron do equipo xuvenil, e con fichaxes que chegaron de fóra. Un equipo “moi novo”, como apunta o adestrador, que compensa a falta de experiencia con traballo e ilusión. A situación na táboa fai pensar que o equipo pode aspirar a grandes metas, pero Davila é prudente. Advirte que o liderado “é algo anecdótico na quinta xornada de liga”, e que o equipo ten que seguir traballando por asegurar a permanencia “e non pasar apuros”. Pasada a primeira volta, e en función dos resultados, verán se poden aspirar “a estar entre os cinco primeiros do grupo.” Redondela Maramar-Quinta de Tui Na próxima xornada reciben á Quinta de Tui, situado na metade baixa da táboa. Son 11º, coa metade de puntos. Pero o adestrador do equipo redondelán non se fía, sinala que o rival se reforzou esta temporada con moitos cambios, cun equipo xoven “que vai esixir moito a nivel físico na pista”. Xogarán o domingo, ás 19.00 horas, no pavillón municipal da Marisma.

Kiko Davila adestrador
Davila fai un balance positivo deste arranque de temporada no que ademais tiveron que enfrontarse a rivais de alto nivel.
Equipo xoven
Logo da saída de moitos xogadores do club o plantel tivo que completarse con futbolistas da canteira que subiron do equipo xuvenil.
Obxectivos da temporada
Pasada a primeira volta verán se poden aspirar "a estar entre os cinco primeiros do grupo".
Redondela Maramar-Quinta de Tui
O técnico augura un partido moi esixente con xogadores novos e moita enerxía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará