Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcial del Adalid soa no Multiúsos da Xunqueira

RR_Noticias

O I Ciclo de Piano do Concello de Redondela déixanos esta fin de semana dous concertos cuxo repertorio xirará en torno á figura do compositor galego Marcial del Adalid. O venres será un concerto a catro mans con Javier Ares e Jorge Briones, o domingo 20 o escenario estará ocupado polo redondelán Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo. Ambas as dúas citas serán no Multiúsos ás 19:30 horas con entrada de balde.

Unha actividade coordinada dende o servizo de Normalización Lingüística que busca poñer en valor o novo instrumento adquirido polo consistorio así como dar a coñecer a composición pianística galega. E faino cun programa dedicado nesta primeira edición ao compositor Marcial de Adalid e a súa dona, a poeta Fanny garrido. Un programa que nos deixa esta fin de semana dous concertos no Multiúsos da Xunqueira. O primeiro será o venres coa participación de Javier Ares e Jorge Briones. Interpretarán, a catro mans, un programa centrado en Marcial del Adalid. O acto será presentado por Luís Costa. O domingo 20, tamén ás 19:30 e con entrada de balde, terá lugar o concerto do redondelán Alejo Amoedo e de Susana de Lorenzo, que interpretarán poemas en lingua galega de Fanny Garrido musicados por Marcial del Adalid. A presentación faraa Laura Touriñán.  

Xurxo Martínez Normalización Lingüìstica
Fálanos do concerto do venres 18
Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo
Serán os encargados do concerto do domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará